Frecuencia fundamental e sobretons dunha lámina

AfinacionLaminasImaxe21

Unha lámina uniforme libre, por exemplo unha táboa, ten modos de vibración que producen un son característico que pode ser descrito como disonante. Para a construción dun instrumento musical baseado en láminas, que produza sons correspondentes ás notas musicais dunha escala (ben diatónica ou cromática), basta escoller as láminas das lonxitudes axeitadas. Non obstante, os sons obtidos non teñen a calidade musical suficiente precisamente por mor da existencia de sobretons disonantes.

As referencias de instrumentos cos mesmos principios que o xilófono e a marimba datan do século XIV, feitos con láminas de madeira ou de metal cun rebaixe na súa parte central en forma de arco, esto facía que o son producido fose diferente, considerado como máis agradable que o dunha simple táboa ou barra sen ese rebaixe. Esta alteración consistiu nun método de afinación ademais do cambio na lonxitude das láminas, que non só alteraba a nota fundamental senón tamén as frecuencias dos sons adicionais, deixando a cuestión da calidade do son á percepción do artesán, sen que se tivera consciencia da existencia de harmónicos e da necesidade da súa afinación.

AfinacionLaminasImaxe29Non foi ata a década de 1920 en que os fabricantes comezaron a refinar non só a nota fundamental, senón tamén o primeiro tono superior. En 1926, a JC Deagan Company axustou o primeiro sobreton das láminas das suas marimbas e vibrafonos dúas oitavas por enriba da fundamental (factor 4) e os seus xilófonos unha oitava e unha quinta (factor de 3). Esta técnica chamouse afinación dobre (axustando dúas frecuencias). Con posterioridade producíronse instrumentos de láminas con afinación triple, a fundamental e dous máis, en diferentes combinacións (1-4-8, 1-3-6). Coas diferentes afinacións obtéñense instrumentos similares pero con diferentes timbres. Agora xa se producen instrumentos con afinacións múltiples múltiples e algúns fabricantes permiten ao usuario elixir a relación de frecuencias (por exemplo, 1-3-6-10). En 1995 Bork identificou ata 25 xeitos de oscilar unha lámina e a súa influencia sobre o son final producido.

Sen imaxes
Sen imaxes